FOTOTECA DE GALICIA

PERSPECTIVA

“… podemos ter integridade, autoestima ou porvir sen identidade?"

QUE É A FOTOTECA

A "Fototeca de Galicia" é un arquivo fotográfico dixital adicado ao estudo, preservación e difusión da cultura e identidade galega. Este arquivo achega centos de imaxes que reflicten a Galicia do presente. Así, a "Fototeca de Galicia" forma parte do proxecto nai "Galicia latente", onde damos conta de 4 accións centrais máis de desenvolvemento identitario; a propia "Fototeca de Galicia", o "Observatorio da Identidade cultural Galega", os "Fogares da Identidade" e os "Encontros das Identidades".

A "Fototeca de Galicia" serve de ferramenta para afondar nos valores da identidade cultural galega, dende imaxes do devir da lingua, legado e innovacións culturais, contextos territoriais (rurais/urbáns), aconteceres, testemuñas socioculturais, ou recursos culturais. Máis esta radiografía integra eivas culturais que estamos a vivir (autoestima, neocolonialismo, infravaloracións demografía, perda de diversidade ou homoxeneizacións).

COMPOSICIÓN DA FOTOTECA DE GALICIA

  • Acceso público ao arquivo en liña.
  • Fondo fotográfico de referencia da identidade cultural galega contemporánea.
  • Plan de catalogación e arquivo de imaxes para garantir a súa conservación e difusión.
  • Facilitación de relatorios de investigación para entidades do eido académico e cultural.
  • Realización de informes sectoriais adhoc para entidades públicas privadas e colectivos culturais

VALORES

"Galicia latente" é un proxecto independente, autofinanciado, e comprometido co ben común.

LIÑAS DE COLABORACIÓN

A "Fototeca de Galicia" conta cunha comisión asesora conformada por persoas afíns ao estudo da identidade cultural galega.

Valoramos propostas de colaboracións para desenvolver estudos ou liñas de investigación.

Se queres participar nestes valores contáctanos no seguinte email: info@galicialatente.com

Se queres profundizar ou tes algún interese específico como préstamo de imaxes para publicacións, ou tes algunha liña de investigación á que poidamos ccontribuir, contáctonos ao seguinte email: info@galicialatente.com.


Fototeca de Galicia: ”as testemuñas visuais da Galicia contemporánea”.